José Maria de Mendonça Júnior, Coronel de Cavalaria do Exército Português.

Vivência Militar: Portugal, Angola, França, Alemanha, Macau e Timor.

Condecorações: Serviços Distintos e Relevantes Com Palma, De Mérito, Avis, Cruz Vermelha, De Campanhas.

Vivência turística: Madeira, Açores, Espanha, Baleares, Canárias, França, Alemanha, Inglaterra, Italía, Suiça, Malta, Brasil, Paraguai, Marrocos, Moçambique, África do Sul, Zimbabwe, Indonésia, Singapura, Austráia, Filipinas, China.

Idiomas: português (de preferência), Espanhol, Francês, Inglês.

A melhoria da vivência dos portugueses e dos espanhois, excepcional presensa na União Europeia e no Mundo, residirá¡ numa UNIÃO IBérica constituída por Estados Federados das suas regiões do continente e das ilhas.
 
Esta tese é enviada por http://uniaoiberica.blogspot.com/ podendo ser correspondida pelo e-mail uniaoiberica.federacao@gmail.com ou pelo correio postal: União Ibérica, Av. Bombeiros Voluntários, 66, 5º Frente, 1495-023 Algés, Portugal; Tel: 00 351 21 410 69 41; Fax: 00 351 21 412 03 96.

Pesquisá pelo google.pt ou pelo sapo.pt

terça-feira, outubro 03, 2006

FEDERAÇÃO IBÉRICA (III)

(*) Alejandro Liste

Hola. Chamome Alejandro Liste e son un cidadán do concello da Estrada, en Galicia (España). Sinto moito non poder expresarme en portugués, sen embargo escribo este e-mail nunha lingua moi parecida, o galego. Deste xeito poderase entender millor o que digo que se utilizo o castelán.
Teño lido os posts que ten vostede no seu blog e a súa tese iberista, e teño que dicir que a min tamén me gusta a idea da unión ibérica federada das rexións dos dous países.

Non obstante, a miña tese vai un paso máis alá: eu propoño unha unión ibérica federada dos tres estados ibéricos, é dicir, a República de Portugal, o Reino de España e o Principado de Andorra.

Históricamente estes tres estados teñen unha historia, unha cultura e uns costumes moi similares e complementarios, ademáis de ocupala Peninsula Ibérica (incluíndo as illas Canarias, Azores, Madeira, Baleares e as prazas norteafricanas de Ceuta e Melilla) e por iso non é descabellado facela dita unión, ibérica ou hispánica, coma vostedes queiran.

Que sexa unha federación dos tres estados tal e como son agora ou que sexa das rexións que as forman é algo que non me preocupa moito, iso debería decidilo o pobo, ó igual ca o proxecto da unión ibérica.

De todalas maneiras o proxecto da unión ibérica está ainda moi verde, sobretodo en España.
As maiores dificultades atoparíamolas en España, xa que o benestar é máis elevado ca en Portugal, e ainda máis en Andorra dado o réxime fiscal do Principado (ó igual co que ocorre en Gibraltar).

Son cousas que non se poden cambiar dun día para outro.

Por iso tense que ir publicitando o proxecto e a tese iberista, debatir sobre ela e facer ver a poboación as ventaxas que ten sobre os inconvintes posibles.

Tras este período de publicidade da tese xa se podería poñer en marcha o proxecto político de unilos tres estados facendo referenduns e votacións, pero todo hai que facelo ben, senón pódese atopar con serios atrancos como os que temos no seo da Unión Europea ca Constitución Europea e as negativas de Francia e Holanda.

Todo isto e moi compricado de levar, e para facelo fan falla moitos cartos.

Non obstante, o máis importante agora é ver e constatar que hai moita xente que avala a tese ibérica (sexa como sexa desenrolada), e este é o punto de partida para facela nova Iberia ou a nova Hispania.

Un saúdo a vostede e a todolos lectores do seu blog.
(*) Colaborador da UNIÂO IBÉRICA.
NOTA – Os negritos são da nossa responsabilidade.