José Maria de Mendonça Júnior, Coronel de Cavalaria do Exército Português.

Vivência Militar: Portugal, Angola, França, Alemanha, Macau e Timor.

Condecorações: Serviços Distintos e Relevantes Com Palma, De Mérito, Avis, Cruz Vermelha, De Campanhas.

Vivência turística: Madeira, Açores, Espanha, Baleares, Canárias, França, Alemanha, Inglaterra, Italía, Suiça, Malta, Brasil, Paraguai, Marrocos, Moçambique, África do Sul, Zimbabwe, Indonésia, Singapura, Austráia, Filipinas, China.

Idiomas: português (de preferência), Espanhol, Francês, Inglês.

A melhoria da vivência dos portugueses e dos espanhois, excepcional presensa na União Europeia e no Mundo, residirá¡ numa UNIÃO IBérica constituída por Estados Federados das suas regiões do continente e das ilhas.
 
Esta tese é enviada por http://uniaoiberica.blogspot.com/ podendo ser correspondida pelo e-mail uniaoiberica.federacao@gmail.com ou pelo correio postal: União Ibérica, Av. Bombeiros Voluntários, 66, 5º Frente, 1495-023 Algés, Portugal; Tel: 00 351 21 410 69 41; Fax: 00 351 21 412 03 96.

Pesquisá pelo google.pt ou pelo sapo.pt

terça-feira, novembro 07, 2006

FEDERAÇÃO IBÉRICA (XII)

(*) Alejandro Liste
Dúas cousas a comentar:
1.- O Plan Ibarretxe propón que o País Vasco sexa un estado asociado a España, o que non impide que calquera día fagan un referendum para a súa total independencia e que sexa un éxito, o que sería unha inxustiza para a maioría dos españois (galegos, casteláns, asturianos, aragoneses, extremeños, andaluces...) que viron como o Estado invertiu secularmente nunhas rexións (Cataluña, Vascongadas e Madrid) e noutras non quedou outra que seguir co arado e saca-las ovellas a pasear.

O nacionalismo moderado, din de dereitas, non é máis que a ferramenta que a burguesia (formada nas rexións industrializadas) ten para defende-la súa posición de poder, e como se viu e moi eficaz.
Só hai que ver qué xente nutre as filas dos partidos PNV e CiU.

Por outra banda temos os nacionalismos radicais, que se din de esquerdas, a ERC e Batasuna, que utilizan métodos máis radicais e antidemocráticos (de corte fascista ou bolchevique, da igual, son a mesma merda) para sobrevivir e mante-los seus "cortellos", sen olvidarse do terrorismo (ETA e Terra Lliure).

Non creo que sexa moi axeitado dicir que o plan Ibarretxe sexa unha proposición de estado federado, vindo dun partido que quere o que quere, manterse "chupando do bote" que é España e dispoñer de todolos poderes á vez.

Ademáis, unha federación tense que facer consensuadamente e multilateralmente (coa opinión de todolos territorios a federar), nunca bilateralmente e moito menos unilateralmente, como propón o lehendakari vasco, nese caso estaríamos unha confederación de nacións ibéricas (na cal calquera pode desvencellarse cando queira) e non nunha federación de estados das rexións e arquipélagos de Portugal e España, mailos territorios de Andorra e Gibraltar, onde a unión faise de forma consensuada todos xuntos e os estados ceden parte do poder e das decisións, así como a soberanía, ó organo supremo nacional da unión iberica.
Por suposto que isto ten que ser refrendado polo pobo, co cal, se sae adiante ninguén debería pórlle trabas.
2.- Unha das manías máis extendidas dos nacionalismos rexionais españois (non sei se tamen de todolos lares) é chamar español a todo o que fala castelán soamente, pior ou millor, con acento do sur ou do norte, da igual, excluíndo ás rexións que teñen outro idioma oficial coma Galicia, Cataluña e País Vasco.

Curiosamente, non meten no saco a Navarra, Valencia e Baleares, xa que son parte dos proxectos nacionalistas catalán e vasco (véxase os Països Catalans e Euskal-Herria).

Tampouco recoñecen outras linguas nen dialéctos que non son oficiais, pero reais coma vida mesma (bable asturiano, leonés, charro, fala extremeña, os sete u oito dialectos do vasco que hai en Vascongadas e Navarra sen contar os que se falan na Rioja, Aragón e Burgos (soamente pequenas aldeas), o aragonés, o aranés (no Val d'Arán, dentro de Cataluña) dialecto occitano sen relación co catalán, os dialectos baleares (mallorquín, menorquín, ibicenco), o valencià (que si é recoñecido aínda que con ambigüedade con respecto ó catalán), etc.

Desta maneira eles din que hai tres nacións oprimidas (Galicia, Cataluña e País Vasco) maila nación española opresora (o resto de territorios) que non lles deixa decidir, todos eles ben definidos e non superpostos uns cos outros.

Isto como ben se sabe é unha mentira e unha manipulación en toda regra, España non é o que só fala castelán, senón que é o territorio onde se falan as catros linguas españolas recoñecidas e mailas non recoñecidas oficialmente.

España non é máis ca o producto do vello proxecto de intentar reunir os territorios da antiga Hispania/Iberia, pero como ben se ve, non obtivo o pleno, quedou Portugal, Andorra, a Baixa Navarra, a Alta Cerdaña, o Rosellón e a maioría da Mauritania Tingitana (salvo Ceuta e Melilla) fóra.

Agora, que o proxecto de España "gripouse" e deu todo de si, temo-la posibilidade de tentar facelo co proxecto da Unión Ibérica (Iberia e Hispania son o mesmo, un era o topónimo grego e o outro o romano para a península Ibérica), tendo en conta que certos territorios "deshispanizáronse" como os franceses e marroquinos antes ditos, pero que outros territorios como os arquipélagos macaronésicos de Azores, Madeira e Canarias hispanizáronse totalmente tanto culturalmente como étnicamente, e polo tanto temos catro territorios (España, Portugal, Andorra e a colonia británica de Gibraltar) de cultura hispana/íbera que son totalmente compatibles entre eles, iso sí cas lóxicas diferenzas entre eles e as respectivas internas, como non.
(*) Alejandro Liste é um dos nossos colaboradores residentes e Espanha.
NOTA 1:Posted by Jano to União Ibérica at 08/23/2006:21/27 PM.
NOTA 2: Os negritos e itálicos são da nossa responsabilidade.

--