José Maria de Mendonça Júnior, Coronel de Cavalaria do Exército Português.

Vivência Militar: Portugal, Angola, França, Alemanha, Macau e Timor.

Condecorações: Serviços Distintos e Relevantes Com Palma, De Mérito, Avis, Cruz Vermelha, De Campanhas.

Vivência turística: Madeira, Açores, Espanha, Baleares, Canárias, França, Alemanha, Inglaterra, Italía, Suiça, Malta, Brasil, Paraguai, Marrocos, Moçambique, África do Sul, Zimbabwe, Indonésia, Singapura, Austráia, Filipinas, China.

Idiomas: português (de preferência), Espanhol, Francês, Inglês.

A melhoria da vivência dos portugueses e dos espanhois, excepcional presensa na União Europeia e no Mundo, residirá¡ numa UNIÃO IBérica constituída por Estados Federados das suas regiões do continente e das ilhas.
 
Esta tese é enviada por http://uniaoiberica.blogspot.com/ podendo ser correspondida pelo e-mail uniaoiberica.federacao@gmail.com ou pelo correio postal: União Ibérica, Av. Bombeiros Voluntários, 66, 5º Frente, 1495-023 Algés, Portugal; Tel: 00 351 21 410 69 41; Fax: 00 351 21 412 03 96.

Pesquisá pelo google.pt ou pelo sapo.pt

domingo, outubro 29, 2006

FEDERAÇÃO IBÉRICA (XI)

(*) Alejandro Liste
Portugal ten o problema de que os grandes ríos que o atravesan nacen case todos en Espanha (o Miño, o Duero, o Tajo e o Guadiana). Sobre o Miño non debe haber ningún problema, e poucos haberá co Duero, dados os seus grandes e regulares caudais, pero non acontece iso co Tajo e mailo Guadiana.
O Tajo está sendo utilizado para abastecer de auga o déficit do río Segura, que rega amplos territorios de Murcia e Alacante, territorios mediterraneos moi poboados, en progreso industrial, económico e agrícola, e consecuentemente en alza a súa poboación, co cal e de supoñer que os trasvases Tajo-Segura aumenten, ou polo menos, non diminúan, co consecuente perxuizo ós casteláns-manchegos, os madrideños, os extremeños e os protugueses, que verán como o río Tajo baixa moi minguado.

*A isto súmaselle a paralización das obras para levar a cabo os canais do trasvase do Ebro ás cuncas hidrográficas do Mediterráneo correspondentes ás provincias de Tarragona, Castellón, Valencia, Alacante, Murcia e Almería, sobretodo no que toca ás cuncas do Xúcar, Segura e Almanzora, co cal os anteditos compatriotas (portugueses tamén) terán que cargar eles sos co pato de compartir a auga do Tajo cos levantinos, quedando os aragoneses e cataláns fóra desta obriga, ainda que os aragoneses van ter que esperar moito para veren os regadíos nos Monegros do Sur.
O Guadiana está aínda moito pior, non por compartir as súas augas con outras cuncas hidrográficas, senón pola pertinaz seca que leva tres anos azotando á chaira da Mancha e polos regadíos intensivos que se viñeron instaurando nos últimos anos no Alto Guadiana (provincia de Albacete).
*Isto fai que o Guadiana estea estes días moi minguado, o cal reflíctese medioambientalmente na reducción drástica das zonas húmidas das Táboas de Daimiel, a desaparición dos Ollos do Guadiana e diminución do cauce do Guadiana ó seu paso por Cidade Real, o cal puideno comprobar eu mesmo este ano, nos meses de xuño e xullo.
Visto todo isto, Portugal ten na Unión Ibérica unha posibilidade moi factible, dado o seu peso demográfico (10 millóns de persoas, o cal daría moitos votos), de influir nas decisións sobre as cuncas hidrográficas do Tajo e do Guadiana.

Ademáis do Duero e o Miño, en favor do lado atlántico e equilibrando a balanza co lado mediterráneo (todo el moi poboado), e de paso faríalles un favor ós extremeños e casteláns-manchegos, todos eles moi poucos en número en comparación co Levante, e aínda máis, a longo-medio prazo o favor sería para o Levante, xa que sería un xeito de presionar para levar a cabo a finalización do trasvase do Ebro, único río "grande" con excedente hídrico.

(*) Alejandro Liste é um dos nossos colaboradores residentes em Espanha.
NOTA 1: Posted by Jano to União Ibérica at 8/23/2006 04:17:58 PM
NOTA 2: Os negrito e itálicos são da nossa responsabilidade.