FEDERAÇÃO IBÉRICA (VII)
Os estados federados da UI deberían ser, ó meu entender, os seguintes:
1 – Polo que toca á República de Portugal serían os estados insulares de Madeira e Azores, e no dominio continental serían o vello Portugal e o Algarve, porque así foi na época antiga, cando se coroaban os reis.
2 – O Reino de España debería aporta-las actuais comunidades autónomas, Galicia, Asturias, Cantabria, La Rioja, Vascongadas, Navarra, Aragón, Cataluña, Valencia, Murcia, Baleares, Andalucía, Canarias, Extremadura e as cidades de Ceuta e Melilla.
3 – Polo que toca ós territorios restantes, Castilla-León debería dividirse en dous estados, Castilla la Vieja ou simplemente Castilla por unha banda e León pola outra; Madrid e Castilla-La Mancha deberíanse unir porque históricamente foi así, coma Castilla la Nueva ou o antigo Reino de Toledo, e non deixar a Madrid fóra por se-la capital de España.
4 – Por último Andorra e a cidade de Gibraltar convertiríanse nos dous últimos estados federados, xa que os dous teñen o suficiente caracter histórico-cultural para non seren absorbidos por Cataluña e Andalucia respectivamente.
De todalas maneiras, isto teríase que facer de forma democrática de abaixo cara arriba, é dicir, deixando libremente elexir ás institucións locais territoriais a que bloque se queren vencellar:
deste xeito, primeiro os pobos, aldeas e localidades elexirían a que concello queren pertencer, despois os concellos elexirían comarcas (cabildos no caso das illas), as comarcas elexirían a que provincias pertencer,
e finalmente, as provincias elexirían a que estado queren pertencer, todo elo xustificado de forma histórica, cultural, xeográfica, económica, etc...,
non pode ser que unha aldea de Madeira entre a formar parte de Cataluña, por exemplo,
é loxico ¿non é?
Non obstante, si se fai así habería que romper moitos moldes tradicionais e históricos, pero que non deixan ser incoherentes.
Desta forma, poderíase uni-las dúas Riojas, a castelá e a alavesa, poderíase uni-lo Condado de Treviño a Alava, Petilla a Aragón, Olivenza a Portugal, as illas Salvajes (Selvagens) ás Canarias, etc, etc.
Pero penso que a maneira na que as institucións non tremerían no proceso da UI sería a que di o Coronel Mendoça Júnior, é dicir, as comunidades e rexións autónomas tal e como están facelas estados federais e andando.
(*) Un cidadán do concelho da Estrada, en Galicia.
Nota 1: É um dos nossos colaboradores residente em Espanha.
NOTA 2: Os negritos são da nossa responsabilidade.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home